Este ano os xabarís foron a escola e xa non espera que medre o millo, estamos vendo que en moitas fincas xa o comen antes de nacer.
Aínda que fai tempo que nos vimos queixando as administracións dos danos dos xabarís os cultivos (herba, millo, patacas), este ano queremos que se nos avise dos danos que ocasionen, cando istes sexan de certa importancia.
Igual que con isto pasa con moitas mais cousas que non se notifican, e o que non se sabe non existe nin se pode medir, poderíamos citar os danos da vacina da lingua azul, danos dos corvos, da pedra, …
Lembre tamén comprobar o millo para saber se ten ataque de vermes ou hai que aplicarlle herbicida de postemerxencia para a millá, xa que o herbicida de preemerxencia (o que se vota antes de nacer o millo) non a mata.