Icos Sociedad Cooperativa Galega

  • Aumentar o tamaño da letra
  • Tamaño de letra por defecto
  • Disminiur o tamaño da letra

Danos do Xabarín e outros

Correo-e Imprimir PDF

Este ano os xabarís foron a escola e xa non espera que medre o millo, estamos vendo que en moitas fincas xa o comen antes de nacer.
Aínda que fai tempo que nos vimos queixando as administracións dos danos dos xabarís os cultivos (herba, millo, patacas), este ano queremos que se nos avise dos danos que ocasionen, cando istes sexan de certa importancia.

Hai moitos socios que non chaman para reclamar por os danos porque pensan que para o que dan non merece a pena. A cuestión moitas veces xa non é o que dan se non que se teña constancia de que hai danos e que hai moitos afectados, e isto solo se rexistra se hai chamadas. Non e igual ter 300 queixas por os danos do xabarín que ter 3.000.
Igual que con isto pasa con moitas mais cousas que non se notifican, e o que non se sabe non existe nin se pode medir, poderíamos citar os danos da vacina da lingua azul, danos dos corvos, da pedra, …
Lembre tamén comprobar o millo para saber se ten ataque de vermes ou hai que aplicarlle herbicida de postemerxencia para a millá, xa que o herbicida de preemerxencia (o que se vota antes de nacer o millo) non a mata.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e cómo eliminalas, consulte a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies de este sitio.