Icos Sociedad Cooperativa Galega

  • Aumentar o tamaño da letra
  • Tamaño de letra por defecto
  • Disminiur o tamaño da letra

Aforro enerxético. Diagnoses

Correo-e Imprimir PDF

Icos S.C.G.Aforro enerxético. Diagnoses. Boletín 7 de xuño de 2011Seguimos vendo facturas de electricidade que teñen tarifas que, aínda que legais, poderían considerarse abusivas. Son as chamadas tarifas de último recurso, e están moi penalizadas para que os clientes cambien a unha empresa comercializadora.

Ademais, para potencias de mais de 10 KW por se a propia tarifa non fose disuasoria as empresas poderán cortarlles o subministro sen mais, a algunhos xa os están avisando.

Outros casos que son os de aqueles socios que teñen mal regulada a carga entre as distintas fases, e están pagando por a que mais carga ten cando se a repartiran baixarían considerablemente. Hai casos de baixar ata 300 euros o mes.

Outros están pagando por o consumo de enerxía reactiva cando este pode eliminarse instalando unhos condensadores de reactiva.

Ofrecémoslles os servizos de diagnoses mediante instalación de un equipo que rexistra o longo de varios días o que pasa na liña para tomar as decisións que mellor se adaptan a cada caso, e o que se chama unha auditoría enerxética. O custe deste estudio desquítase do aforro que teñen de forma inmediata, e soamente se fai nos casos que se ve que se está pagando mais da conta.

Por outra parte, están surxindo novas empresas comercializadoras que para entrar no mercado fano con boas ofertas que permiten aforrar boas cantidades tendo o mesmo servizo, pois a comercializadora soamente factura o subministro que a todos ven por a mesma liña, os que están con unhas ou con outras.

Fernando e o enxeñeiro que se encarga de evaluar cada caso e facer as recomendacións e os estudios precisos. Poden chamalo o 670 06 87 57 ou deixar aviso nas oficinas para que os visite. Tamén, se lles interesa, pode facerlles propostas de utilización de enerxías limpas para auga quente e calefacción (solar, pellets). Sae moi caro producir auga quente con electricidade.

Cando rematen os traballos teremos unha charla informativa para informalos polo miúdo; están a piques de saír as axudas para instalación de auga quente e calefacción a través do INEGA, se están interesados avísennos pois sairán con pouco prazo e os primeiros en solicitar sempre teñen mais opcións.

Icos S.C.G.Aforro enerxético. Diagnoses. Boletín 7 de xuño de 2011

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e cómo eliminalas, consulte a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies de este sitio.