Icos Sociedad Cooperativa Galega

  • Aumentar o tamaño da letra
  • Tamaño de letra por defecto
  • Disminiur o tamaño da letra

Cuidados do viño

VIÑOS TINTOS 

Unha vez rematada a fermentación e convinte descubar (sacar limpo), para evitar que o aire do espacio de cabeceira da cuba, produza o picado dos viños.  Esto non se produce cando esta fermentando debido a que se desprende CO2 e as bacterias non poden entrar.  Débese ter en conta que as barricas do limpo estean ben lavadas para evitar malos sabores e olores, ou  enfermidades do viño,  coma o cheiro a berthanomices (suor de cabalo). 

Unha vez que está en limpo e recomendable  que as barricas estean atestadas se son de madeira, e se son de inox. e non son semprecheo, poñerlles aceite de parafina (poden mercalo na cooperativa) para evitar o contacto co aire.  

Pasado un mes ou mes e medio debe analizarse,   (faino Antonio), para controlar os parámetros fundamentais coma a acidez  total, volátil, e o  sulfuroso. A acidez este ano e moi importante controlala, posto que os viños teñen relativamente pouca,  por mor de poucas choivas, e a maioría dela perdese o ser málico e facer a segunda fermentación; quedando así o viño descompensado, e o vir o verán pode derramarse. Este análise debe coincidir coa segunda trasega, que e precisa para separar o viño dos restos da fermentación (levaduras mortas), que confiren o viño o olor a ovo podre (sulfhidrico). 

VIÑOS BRANCOS

            Para os viños brancos, as prácticas deben ser as mesmas, coa diferenza de que antes de descubalo deben ter a man un antioxidante (vitamina C), para conservar a cor, que nós lle podemos suministrar coñecendo a cantidade de viño a tratar. Para aquelas persoas que fermentaran o caldo solo, e recomendable que o separen dos posos o rematar a fermentación, aínda sen quedar claro de todo, e adiantar a segunda trasega algo para evitar o mal cheiro.

Nos recomendamos que os envases sexan de inox, posto que as madeiras na maioría dos casos non son novas, e non confiren nada bo, se non malos sabores e olores. O INOX non aporta nada bo pero tampouco nada malo.

TRATAMENTO PARA A VIÑA

Recomendamos un último tratamento en base a cobre para retrasar a caída da folla e que a planta se nutra de reservas. A vez este tratamento tamén prevén a escoriose. Como efecto secundario tamén retrasa a brotación para o ano que ven reducindo danos por xeadas tardías. Canto antes o dean mellor.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e cómo eliminalas, consulte a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies de este sitio.