Icos Sociedad Cooperativa Galega

  • Aumentar o tamaño da letra
  • Tamaño de letra por defecto
  • Disminiur o tamaño da letra
Boletín

Danos do Xabarín e outros

Correo-e Imprimir PDF

Este ano os xabarís foron a escola e xa non espera que medre o millo, estamos vendo que en moitas fincas xa o comen antes de nacer.
Aínda que fai tempo que nos vimos queixando as administracións dos danos dos xabarís os cultivos (herba, millo, patacas), este ano queremos que se nos avise dos danos que ocasionen, cando istes sexan de certa importancia.

Ler máis...
 

Aforro enerxético. Diagnoses

Correo-e Imprimir PDF

Icos S.C.G.Aforro enerxético. Diagnoses. Boletín 7 de xuño de 2011Seguimos vendo facturas de electricidade que teñen tarifas que, aínda que legais, poderían considerarse abusivas. Son as chamadas tarifas de último recurso, e están moi penalizadas para que os clientes cambien a unha empresa comercializadora.

Ademais, para potencias de mais de 10 KW por se a propia tarifa non fose disuasoria as empresas poderán cortarlles o subministro sen mais, a algunhos xa os están avisando.

Outros casos que son os de aqueles socios que teñen mal regulada a carga entre as distintas fases, e están pagando por a que mais carga ten cando se a repartiran baixarían considerablemente. Hai casos de baixar ata 300 euros o mes.

Ler máis...
 

Reparto cereais

Correo-e Imprimir PDF

Xa se rematou a construcción do novo almacén de ensacados en Aira, isto permítenos servir no reparto os distintos cereais que ata agora había que retirar do almacén: millo (moido, triturado, picón), trigo, mextura de cereais. En pouco tempo tamén poderán pedir os correctores. Avisarémolos.

 

Desbroces

Correo-e Imprimir PDF

Co verán a volta da esquina, e con él o risco de incendio, pensen se teñen algún lugar para desbrozar, ben por que poña en risco algunha vivenda ou ben por a perda de algunha plantación forestal.

 

Protección plásticos de silos

Correo-e Imprimir PDF

Recomendámoslles unha rede para protexer os plásticos dos silos de animais (paxaros, gatos, cans).  Faise a medida do silo e duran moitos anos. Ten un prezo moi asequible 0,60 + ive m2. Para mais información chamen a Baltar, 677 47 87 92.

 

Cotos de caza

Correo-e Imprimir PDF

Dende ICOS advertimos a tódolos socios que sexan cazadores que e convinte que os tecores fagan seguros de danos que ocasione a fauna, se non os teñen.
Cando as parcelas que ten alugadas a cooperativa resulten danadas por xabarís denunciaremos o tecor no que se atope para tratar de cobrar os danos.

 



Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e cómo eliminalas, consulte a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies de este sitio.